Search

Etiquetas

Literatura Infantil y Juvenil

A aventura dos Balbuena e o último cabaleiro

Que fai un neno de once anos enfrontándose a máis de cen soldados asasinos? Para contestar a isto, tería que falar do castelo de Barlovento. Do Bosque Maldito. Da Real Orde dos cabaleiros. E dos Dragóns Durmintes.

Non, non estou tolo. Eu son de Moratalaz, que é un barrio de Madrid, e alí...

Literatura Infantil y Juvenil

O misterio dos fillos de Lúa

Á gata Lúa desaparécenlle os gatiños ó día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. David, que busca explicación para todo, non entende este misterio. Quen lle leva os fillos a Lúa? David, coa axuda da súa amiga Branca, non ha parar ata te-la resposta.

Literatura Infantil y Juvenil

Cando a Terra esqueceu xirar

Un día, a Terra esqueceu xirar e camiñar polo espacio: quedou apampada mirando ao Sol. En medio planeta, sempre era de día; na outra metade, había noite sempre. Pasaba o tempo e ninguén daba coa solución... E se todos os habitantes do planeta se unisen e camiñasen xuntos?

Literatura Infantil y Juvenil

As fadas verdes

O lume arrasa o monte do Castro e case acaba coas fadas verdes. Pero no máis profundo da fraga sobrevive Goewín, quen vai revelar a Diana todos os segredos das gardadoras do bosque.

Literatura Infantil y Juvenil

A sopeira e o cazo

Os reis Ruperto e Rufina tiveron unha filla: Comba. Os reis Filiberto e Fidelina, un fillo: Berenguer. Ambas as parellas reais esquecen invitar ao bautizo a fada Petronila Perrenchuda, e esta, para vingarse, failles un agasallo máxico: a uns, unha sopeira sen cazo; a outros, un cazo sen sopeira...

Literatura Infantil y Juvenil

O misterio da Casa do Pombal

Tódolos habitantes de Vilacoba teñen medo da Casa do Pombal: disque está enmeigada! Ninguén osa acercarse a ela, ata que un día aparecen a avoa Rosa e os seus dous netos adoptados, Ramón e Rita, xunto con tódalas suas mascotas. A casa parecerá tomar vida propia e comunicarase cos novos...

Literatura Infantil y Juvenil

A despensa máxica

Rasi, a mascota da banda do esquío, perdeu unha abelá. Agochouna no patio do colexio, mais por máis que busca aquí e acolá, non dá con ela. Talvez os seus amigos lle axuden a resolver o gran misterio.
Literatura Infantil y Juvenil

Pegasiño

Pachín está moi orgulloso do oficio de seu pai, que é camioneiro. Cando chega Pegaso á súa casa, axiña descobre que se trata dun camión ben especial. Xuntos van vivir unha chea de aventuras, e Pegasiño converterase, ao longo de moitos anos, no seu compañeiro da alma.

Literatura Infantil y Juvenil

Sete casas, sete bruxas e un ovo

Nunha árbore había sete casas e, en cada casa, unha bruxa. Sempre estaban a discutir...Un día, á Bruxa Parva Facunda antollóuselle un ovo pero, como non sabía abrilo, pediu axuda ás súas malvadas veciñas. O darán aberto entre todas? Un conto onde a amizade e a comunicación son valores universais...

Literatura Infantil y Juvenil

O domador de monstros

A Serxio non lle gustan nada os monstros que aparecen cada noite no seu cuarto. Son realmente arrepiantes! Pero un día encontrará a maneira de acabar con eles...

Literatura Infantil y Juvenil

Coellos de etiqueta

O señor e a señora Coello teñen que deixar os seus vinte capazos coa avoa Coello. Disque a avoa é moi despistada, e os seus netos, moi parecidos entre si. Por iso, decide pegarlles unhas etiquetas, pero estas saen voando por mor dunha refolada...Como fará agora para recoñecelos? Un libro que...

Literatura Infantil y Juvenil

O detective de Nullarbor

Unha estraña epidemia esténdese por Australia: os nenos non poden quedar durmidos. Quén mellor que Etelvino Chouteiro, detective marsupial, para investigar o misterio?

Top