Search
Relixión católica. 3 Primaria. A Nosa Casa

O proxecto A Nosa Casa para a etapa de Primaria de Relixión Católica responde ao “reto ecolóxico” do papa Francisco na encíclica Laudato si´ de coidar a nosa casa común.
Os contidos bíblicos e teolóxicos desenvolven o currículo da CEE e articúlanse arredor do coidado persoal, do coidado do contorno e do coidado do planeta.
Unha familia de sete membros coa súa mascota introduce o alumno nos contidos de cada unidade cunha especial atención á diversidade cultural e a valoración de persoas con discapacidade.
Unha aposta decidida por ilustracións bíblicas de alto nivel estético permite abordar os contidos bíblicos establecendo un diálogo entre Biblia e arte.
Os contidos teolóxicos propostos polo currículo da Conferencia Episcopal desenvólvense cunha linguaxe accesible para os alumnos, apoiándose en textos maxisteriais tamén adaptados ao nivel de comprensión do alumnado e encarnados en “testemuñas” que exemplifican nas súas vidas os contidos que se están a explicitar.
Unha dobre páxina arredor do “coidado” permite traducir as aprendizaxes en prácticas cotiás. Prácticas que se abren ao ámbito escolar, veciñal e familiar.
As unidades péchanse con resumos ilustrados coa técnica de Visual Thinking ou Pensamento Visual, que facilitan a síntese intuitiva das aprendizaxes adquiridas.
-
Illustrators:
-
Book pages:112
-
ISBN:9788498547740
-
Internal ID:200112
-
Book binding:Semiflexible