Búsqueda

Tipo de libro

Etiquetas

Literatura Infantil y Juvenil

A sopeira e o cazo

Os reis Ruperto e Rufina tiveron unha filla: Comba. Os reis Filiberto e Fidelina, un fillo: Berenguer. Ambas as parellas reais esquecen invitar ao bautizo a fada Petronila Perrenchuda, e esta, para vingarse, failles un agasallo máxico: a uns, unha sopeira sen cazo; a outros, un cazo sen sopeira...

Literatura Infantil y Juvenil

O misterio dos fillos de Lúa

Á gata Lúa desaparécenlle os gatiños ó día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. David, que busca explicación para todo, non entende este misterio. Quen lle leva os fillos a Lúa? David, coa axuda da súa amiga Branca, non ha parar ata te-la resposta.

Literatura Infantil y Juvenil

Cando a Terra esqueceu xirar

Un día, a Terra esqueceu xirar e camiñar polo espacio: quedou apampada mirando ao Sol. En medio planeta, sempre era de día; na outra metade, había noite sempre. Pasaba o tempo e ninguén daba coa solución... E se todos os habitantes do planeta se unisen e camiñasen xuntos?

Literatura Infantil y Juvenil

As fadas verdes

O lume arrasa o monte do Castro e case acaba coas fadas verdes. Pero no máis profundo da fraga sobrevive Goewín, quen vai revelar a Diana todos os segredos das gardadoras do bosque.

Literatura Infantil y Juvenil

O misterio da Casa do Pombal

Tódolos habitantes de Vilacoba teñen medo da Casa do Pombal: disque está enmeigada! Ninguén osa acercarse a ela, ata que un día aparecen a avoa Rosa e os seus dous netos adoptados, Ramón e Rita, xunto con tódalas suas mascotas. A casa parecerá tomar vida propia e comunicarase cos novos...

Literatura Infantil y Juvenil

A despensa máxica

Rasi, a mascota da banda do esquío, perdeu unha abelá. Agochouna no patio do colexio, mais por máis que busca aquí e acolá, non dá con ela. Talvez os seus amigos lle axuden a resolver o gran misterio.
Literatura Infantil y Juvenil

Pegasiño

Pachín está moi orgulloso do oficio de seu pai, que é camioneiro. Cando chega Pegaso á súa casa, axiña descobre que se trata dun camión ben especial. Xuntos van vivir unha chea de aventuras, e Pegasiño converterase, ao longo de moitos anos, no seu compañeiro da alma.

Literatura Infantil y Juvenil

O meu nome é Skywalker

En fronte da casa de Raquel abriron un enorme supermercado. Aínda que unha marea de personas entra y sae constantemente, ninguén repara nun home que pide na porta, como se fose invisible para os adultos.
Pero Raquel descobre o seu misterio: o su nombre é Skywalker, e vén doutro planeta...

Literatura Infantil y Juvenil

Sete casas, sete bruxas e un ovo

Nunha árbore había sete casas e, en cada casa, unha bruxa. Sempre estaban a discutir...Un día, á Bruxa Parva Facunda antollóuselle un ovo pero, como non sabía abrilo, pediu axuda ás súas malvadas veciñas. O darán aberto entre todas? Un conto onde a amizade e a comunicación son valores universais...

Literatura Infantil y Juvenil

O domador de monstros

A Serxio non lle gustan nada os monstros que aparecen cada noite no seu cuarto. Son realmente arrepiantes! Pero un día encontrará a maneira de acabar con eles...

Literatura Infantil y Juvenil

Coellos de etiqueta

O señor e a señora Coello teñen que deixar os seus vinte capazos coa avoa Coello. Disque a avoa é moi despistada, e os seus netos, moi parecidos entre si. Por iso, decide pegarlles unhas etiquetas, pero estas saen voando por mor dunha refolada...Como fará agora para recoñecelos? Un libro que...

Literatura Infantil y Juvenil

O detective de Nullarbor

Unha estraña epidemia esténdese por Australia: os nenos non poden quedar durmidos. Quén mellor que Etelvino Chouteiro, detective marsupial, para investigar o misterio?

Literatura Infantil y Juvenil

O aniversario de Pupi

A Pupi gustaríalle celebrar o seu aniversario, pero hai un problema... Pupi non ten anos! Por iso, cando escoita un ancián dicir que a el lle sobran, decide pedirlle prestados uns cantos. Pero iso non é tan fácil. Menos mal que, coa axuda de todos, Pupi conseguirá celebrar unha festa estupenda...

Literatura Infantil y Juvenil

Pupi e o Monstro da Vergonza

Rosy está invitada a unha festa de entroido, pero dálle apuro ir. Menos mal que Pupi sempre está disposto a axudar aos seus amigos acompañándoos ás festas… e mesmo enfrontándose ao Monstro da Vergonza, se fai falta! Unha nova aventura do noso simpático personaxe, repleta de humor e, como diría...

Literatura Infantil y Juvenil

Pupi e as pantasmas

Pupi quedou a durmir na casa de Nachete. Ao principio, todo é moi divertido, ata que chegan as pantasmas e as antenas do extraterrestre empezan a xirar. Pero, de onde sairían esas pantasmas?

Literatura Infantil y Juvenil

Mundo Arb

Existe unha comunidade de seres humanos que viven en pólas de árbore. Son os arborenses. Os campos que cultivan, os montes onde cazan, os ríos polos que navegan e as cidades nas que habitan están situados en grosas pólas suspendidas no aire. Os arborenses están convencidos de que non existe...
Literatura Infantil y Juvenil

Pupi e a aventura dos vaqueiros

Pupi e os seus amigos foron xogar á casa de Coque. Pero Coque non quere deixarlles os seus xoguetes, e por enriba non lle gusta perder. Ata que, de súpeto, o seu cuarto se converte nun salón do afastado oeste, e o máis furioso dos vaqueiros ten algo que a Coque lle resulta familiar.

Literatura Infantil y Juvenil

Pupi e o club dos dinosauros

Nachete decidiu fundar o club dos dinosauros e todos os que queiran participar teñen que achegar algo. Pupi non sabe que facer e por iso está moi tristeiro, ata que ve a Conchi preparar a cea e se lle ocorre unha grande idea.

Literatura Infantil y Juvenil

O canto dos peixes

Nun tempo no que a ninguén semella importarlle a sorte do mar, por mor do desapiadado progreso, Ismael, un vello mariño, refúxiase da soidade no seu benquerido embarcadoiro de pedra. Nel debbulla as súas lembranzas e coñecementos para Xacobe, un neno agoniado polas dificultades que arrodean a...

Literatura Infantil y Juvenil

Os corvos do xardín

Aldous Huxley Os corvos do xardín Todas as tardes, a señora Corvo atopa o niño baleiro. Cada ovo que pon desaparece ao día seguinte. Ata que descobre que a malvada serpe é a lle que come todos os ovos. Coa axuda do sabio moucho, os señores Corvo tentarán darlle unha boa lección á serpe.

Páginas

Top