Búsqueda

Etiquetas

Literatura Infantil y Juvenil

O misterio dos fillos de Lúa

Á gata Lúa desaparécenlle os gatiños ó día seguinte de telos. Por iso miaña tristeira e busca compañía. David, que busca explicación para todo, non entende este misterio. Quen lle leva os fillos a Lúa? David, coa axuda da súa amiga Branca, non ha parar ata te-la resposta.

Literatura Infantil y Juvenil

Sete casas, sete bruxas e un ovo

Nunha árbore había sete casas e, en cada casa, unha bruxa. Sempre estaban a discutir...Un día, á Bruxa Parva Facunda antollóuselle un ovo pero, como non sabía abrilo, pediu axuda ás súas malvadas veciñas. O darán aberto entre todas? Un conto onde a amizade e a comunicación son valores universais...

Literatura Infantil y Juvenil

O domador de monstros

A Serxio non lle gustan nada os monstros que aparecen cada noite no seu cuarto. Son realmente arrepiantes! Pero un día encontrará a maneira de acabar con eles...

Literatura Infantil y Juvenil

O detective de Nullarbor

Unha estraña epidemia esténdese por Australia: os nenos non poden quedar durmidos. Quén mellor que Etelvino Chouteiro, detective marsupial, para investigar o misterio?

Literatura Infantil y Juvenil

O aniversario de Pupi

A Pupi gustaríalle celebrar o seu aniversario, pero hai un problema... Pupi non ten anos! Por iso, cando escoita un ancián dicir que a el lle sobran, decide pedirlle prestados uns cantos. Pero iso non é tan fácil. Menos mal que, coa axuda de todos, Pupi conseguirá celebrar unha festa estupenda...

Literatura Infantil y Juvenil

Pupi e a aventura dos vaqueiros

Pupi e os seus amigos foron xogar á casa de Coque. Pero Coque non quere deixarlles os seus xoguetes, e por enriba non lle gusta perder. Ata que, de súpeto, o seu cuarto se converte nun salón do afastado oeste, e o máis furioso dos vaqueiros ten algo que a Coque lle resulta familiar.

Literatura Infantil y Juvenil

Pupi e o club dos dinosauros

Nachete decidiu fundar o club dos dinosauros e todos os que queiran participar teñen que achegar algo. Pupi non sabe que facer e por iso está moi tristeiro, ata que ve a Conchi preparar a cea e se lle ocorre unha grande idea.

Literatura Infantil y Juvenil

Pupi e as pantasmas

Pupi quedou a durmir na casa de Nachete. Ao principio, todo é moi divertido, ata que chegan as pantasmas e as antenas do extraterrestre empezan a xirar. Pero, de onde sairían esas pantasmas?

Top