Búsqueda
Lingua. 3 Primaria. Máis Celme

O proxecto Máis Celme para Lingua está concibido desde un enfoque vehicular cunha grande énfase no traballo da comprensión e da expresión oral e escrita. É un proxecto pensado desde a aula para a aula.
Presenta os seguintes contidos lingüísticos a través de:
- Textos máis suxeridos de autores galegos: Agustín Fernández Paz, Pepe Caride, Fina Casalderrey ou Pepe Carreiro. Cancións de Dani Miquel.
- Situacións comunicativas que facilitan a reflexión.
- Actividades, paso a paso, para iniciarse nos procedementos da análise lingüística.
- Xogos interactivos para reforzar a aprendizaxe.
Ofrece un programa específico de Competencia lectora con:
- Dinámicas para adestrar estratexias de lectura eficaz.
- Tarefas estruturadas para desenvolver os niveis de comprensión a partir de tipoloxías textuais.
- Probas de avaliación para detectar o grao de adquisición das destrezas lectoras.
- Propostas lúdicas de animación á lectura en diferentes soportes.
Potencia a escritura correcta das palabras en cada curso co programa de Ortografía mediante:
- Actividades de atención e memoria visual a través de materiais audiovisuais e manipulativos enfocados a diferentes estilos de aprendizaxe.
- Batería de ditados con audios.
- Ficheiros individualizados para que cada alumno rexistre a súa autoaprendizaxe.
Estimula a creatividade e o desenvolvemento da expresión en galego, mediante:
- Actividades contextualizadas na realidade cultural da nosa comunidade.
- Atención especial á interacción comunicativa por medio do material manipulativo e os recursos interactivos.
-
Número de páginas:112
-
ISBN:9788498547412
-
ID Interno:198716
-
Encuadernación:Rústica